Preguntas frecuentes

Podo acceder e presentar escritos dende dispositivos móbiles?

A sede electrónica da Deputación de Lugo permite o acceso a través de dispositivos móbiles (tablets, teléfonos intelixentes, etc), tanto para a consulta como para a presentación de escritos ou a recepción de notificacións. 
Para iso utiliza dous servizos que proporciona a Administración Xeral do Estado (máis información na ligazón):

  • Cl@ve. Sistema da Adminstración Xeral do Estado que permite aidentificación electrónica dos cidadáns nas súas relacións coas Administracións Públicas. 
  • Fire. Vinculado co anterior, este sistema desenvolto pola &Adminstración Xeral do Estado, é unhasolución que simplifica o uso e realización de sinatura electrónica de usuario ao concentrar nun só compoñente todos os requisitos de creación de firmas baseadas tanto en certificados locais como en certificados na nube

Requisitos

  • Para poder identificarte basta con darse de alta en Cl@ve e ter instalada a aplicación que ofrece a Administración Xeral do Estado
  • Se queres presentar un escrito, acceder ao contido a unha notificación ou asinar algún documento dentro da sede electrónica, debes de ter instalada a aplicación Autofirma APP da Administración Xeral do Estado, que permite non só a identificación senón tamén a sinatura dixital 
    • Android
    • IOS
    • Unha vez instalada a aplicación no dispositivo móbil ten que instalar na mesma o certificado dixital recoñecido que o identifique. Desta forma, no momento de firmar un documento na sede, sairá a opción de FIRMAR CON FIRE que lle abrirá esta aplicación para un acceso seguro ao seu certificado e así asinar a documentación. 

Información relacionada:

Inicio

Enlaces de interés